Non se
trata de coñecer todos os programas e todas as súas peculiaridades, pero hai
tres ou catro cousas moi útiles que convén saber, como por exemplo para que
serven as teclas de función. No Google Chrome:
> F1 ao pulsala abre unha nova lapela, a de Axuda
do Chrome. Unha vez aberta, podemos usala como unha lapela calquera.
> F3 ao pulsala abre un cadro de diálogo debaixo da barra de dirección, á dereita. Se
escribimos directamente nel unha palabra resáltanola na páxina nos lugares en
que aparece.
> F5 ao pulsala actualiza a páxina
> F6 ao pulsala selecciona a URL da páxina
na que estamos. Se escribimos sobre ela, directamente faremos a procura en
Google (ou no buscador predeterminado) ou iremos á páxina que escribamos.
> F10 ao pulsala resalta o cadro de opcións (arriba,
a dereita). Se pulsamos “intro” ábrese o cadro, e co cursor (arriba/abaixo) ou
pulsando a tecla específica accedemos a algunha delas. Por exemplo, para pechar
Chrome desde o teclado podemos facer: F10 – INTRO – S (se o temos en español, en inglés sería X en vez de S)
> F11 ao pulsala abre o modo de pantalla completa:
vemos só a web en si, non controis nin barras nin nada, só a web. Incluso adoita
desaparecer a barra inferior.
> F12 ao pulsala abre nun lateral asuntos sobre a
configuración da web, as “tripas”. Ao noso nivel podemos pasar delas.
Se cadra algún pensa: "estas utilidades das teclas de función ¿son as mesmas noutros navegadores como Firefox, Explorer, Edge, Safari, Opera ou...?".
Se cadra algún pensa: "estas utilidades das teclas de función ¿son as mesmas noutros navegadores como Firefox, Explorer, Edge, Safari, Opera ou...?".
A resposta é...