viernes, 16 de octubre de 2015

TECLAS DE FUNCIÓN EN GOOGLE CHROME

Non se trata de coñecer todos os programas e todas as súas peculiaridades, pero hai tres ou catro cousas moi útiles que convén saber, como por exemplo para que serven as teclas de función. No Google Chrome:
> F1    ao pulsala abre unha nova lapela, a de Axuda do Chrome. Unha vez aberta, podemos usala como unha lapela calquera.
> F3    ao pulsala abre un cadro de diálogo debaixo da barra de dirección, á dereita. Se escribimos directamente nel unha palabra resáltanola na páxina nos lugares en que aparece.
> F5    ao pulsala actualiza a páxina
> F6    ao pulsala selecciona a dirección da páxina na que estamos. Se escribimos sobre ela, directamente faremos a procura en Google ou iremos á páxina que indiquemos.
> F10  ao pulsala resalta o cadro de opcións (arriba, a dereita). Se pulsamos “intro” ábrese o cadro, e co cursor (arriba/abaixo) ou pulsando a tecla específica accedemos a algunha delas. Por exemplo, para pechar Chrome desde o teclado podemos facer: F10 – INTRO – S (se o temos en español, en inglés sería X en vez de S)
> F11  ao pulsala abre o modo de pantalla completa: vemos só a web en si, non controis nin barras nin nada, só a web. Incluso adoita desaparecer a barra inferior.
> F12  ao pulsala abre nun lateral asuntos sobre a configuración da web, as “tripas”. Ao noso nivel podemos pasar delas.

Se cadra algún pensa: "estas utilidades das teclas de función ¿son as mesmas noutros navegadores, como o Firefox ou o Explorer?". A resposta é...

DOCUMENTARIOS SOBRE REDES SOCIAIS

Aínda que intentei collelos da web de RTVE, ao final tiven que recurrir a Youtube. Os dous tratan sobre Facebook, pero todo o que contan é aplicable a calqueroutra rede social (Twitter, Tuenti, Instagram, etc.). Ademais, nos medios de comunicación non paran de saír noticias nas que nos falan como comentarios das persoas nas redes sociais ou asuntos que puxeron nelas lles acabaron traendo problemas. As redes sociais están ben, pero hai que saber usalas.
DISPARATES DE FACEBOOK  en Youtube
DIARIO DE FACEBOOK en Youtube

martes, 13 de octubre de 2015

TRUCOS PARA BUSCAR INFORMACIÓN EN INTERNET

Como sabedes, á maioría de vós non se vos dá moi ben procurar información en internet. De feito, o informe PISA (oh, informe PISA!) detectou iso mesmo hai pouco.
Para as procuras en internet, desconfiade en principio da información dos blogs (calquera pode ter un e decir que é cirurxián ou enxeñeiro aeroespacial, e non ser certo). É preferible acudir a medios de comunicación profesionais, como xornais, radios ou televisións e aínda, dentro deles, aos especializados (en saúde, informática, automoción, etc., que se supón que dominan máis especificamente o tema). De todas maneiras, tamén neles pode haber información errónea; por iso é bo sempre consultar máis dunha fonte fiable (o ideal, polo menos, serían tres que non sacasen a información -á súa vez- da mesma fonte).
Hai algúns termos de busca (por exemplo, "honcode" para saúde -ver entrada de tecnocesures-) que valen para dirixirnos a lugares con información cuxa calidade está garantida. Se sabemos eses termos de busca, convén utilizalos para non dar por boa información que non o é.
Para buscar en Google hai unha serie de trucos que poden interesarvos. Este pdf contén os principais; se preferides miralo en webs podedes consultalo nesta ou nestoutra. Os consellos que dan son similares pero un pouco diferentes.

jueves, 8 de octubre de 2015

PCniús nº1

 P.C. niús 

A C.P.U.,
ESA GRANDE DESCOÑECIDA
PERIFÉRICOS:
DE ENTRADA?
DE SAÍDA?
TANTO TEN?
SEN MICROPROCESADOR NON HAI COMPUTADORA…
TARXETA GRÁFICA, DE AUDIO, DE REDE...
RAM E ROM NON
SON O MESMO!!!
    Non vai moita calor aquí?