Un dos consellos de seguridade dos bancos é teclear a URL do seu servizo de banca electrónica en lugar de seguir unha ligazón que nos inviten a utilizar.
Por que pensades que pode ser?
Onde pensades que leva esta ligazón?
lunes, 25 de marzo de 2019
Cuidad-ING!!!
Os termos de abaixo refírense a problemas relacionados co uso de internet.
En ocasións o problema ten que ver co mal uso das redes, noutros con problemas relacionados coa espionaxe ou as limitacións dos antivirus.
Cales coñeces? En que consisten?
- Ciberbullying (o Cyberbullying)
- Gossiping
- Grooming
- Pharming
- Phishing
- Sexting
- Smishing
- Spoofing
En ocasións o problema ten que ver co mal uso das redes, noutros con problemas relacionados coa espionaxe ou as limitacións dos antivirus.
Cales coñeces? En que consisten?
- Ciberbullying (o Cyberbullying)
- Gossiping
- Grooming
- Pharming
- Phishing
- Sexting
- Smishing
- Spoofing
martes, 24 de octubre de 2017
CONSELLOS PARA USAR O AUDACITY
- Sempre que queiramos facer
calquera modificación, comprobar que está en STOP e non en PAUSE
- Se queremos usar un novo
clip para un proxecto, hai que ter aberto o proxecto co Audacity; logo
abrimos co Audacity o novo audio, copiamos a parte que nos interese,
pechamos ese clip e a pegamos no proxecto (Ctrl+v) no time line DEBAIXO
das pistas coas que xa esteamos traballando. Logo poderemos movela onde
queiramos.
- Para afastar o time line
usade Ctrl+1, para achegalo usade Ctrl+3.
jueves, 5 de octubre de 2017
REDES DE TRISTURA
Xa hai anos que moitos usuarios das redes sociais sabemos que teñen innumerables aplicacións pero que, en demasiadas ocasións, despois de usalas sénteste peor que como te sentías antes. Por que? Porque involuntariamente tendemos a comparar a nosa vida coa pseudovida que outras persoas publican nos seus perfís. Digo "pseudovida" porque non son realmente as súas vidas, senón a imaxe que queren que os outros teñan das súas vidas reais.
Hai case un ano saíu un estudo (eis a noticia de El País a respeito del) que indicaba exactamente iso: as persoas que deixan de usar as redes sociais obteñen moi pronto niveis máis altos de felicidade.
Pero se escribo este post agora non é a conta dese estudo, senón a raíz da morte, hai uns días, dunha rapaza -que eu coñecín trala súa morte- que polo visto era unha 'influencer' (curiosa palabra) moi seguida. A noticia de El Mundo cóntanos precisamente o que antes comentei: que a obsesión por construír unha vida idílica que contar aos seus seguidores e ás súas seguidoras era tan grande para ela como o descontento que sentía coa súa vida real.
Ámbalas dúas ligazóns merecen unha lectura repousada. E unha reflexión despois dela.
martes, 7 de marzo de 2017
EDITOR DE FOTOS ON-LINE
Non dá a mesma comodidade que telo instalado no computador, porque entre outras cousas méteche publicidade, pero nesta dirección hai un editor de fotos on-line (polo tanto, para usalo hai que estar conectado á Rede) que podemos aprender a utilizar. Os comandos básicos son moi parecidos aos dos programas máis coñecidos, como o PhotoShop de Adobe.
martes, 7 de febrero de 2017
lunes, 30 de enero de 2017
A VER SE VAI...
http://es.slideshare.net/tecnocesures/los-dos-reyes-y-los-dos-laberintos?qid=be2aee29-c1f0-4463-9329-9364375094a0&v=&b=&from_search=2
Suscribirse a:
Entradas (Atom)

